Valdeorras na túa man

Valdeorras na túa man
Nuevo portal de promoción turística de Valdeorras

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

O venres 20 de Xaneiro de 2012 sairon publicadas as bases reguladoras do Programa para a Promoción do Emprego Autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (convocatoria 2012).
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
As contías desta subvención serán as seguintes:

A) 5.000 euros para desempregados en xeral.
B) 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C) 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D) 7.500 euros para persoas emigrantes retornadas, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E) 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F) 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
O prazo de presentación de solicitudes de subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.
PARA MAIS INFORMACIÓN PREME AQUI