Valdeorras na túa man

Valdeorras na túa man
Nuevo portal de promoción turística de Valdeorras
APERTURA NUEVA CONVOCATORIA 2014-2015
La Junta Directiva del GDR Valdeorras en su reunión del día 12 de marzo acordo abrir el plazo de convocatoria para la presentación de nuevos proyectos para los años 2014 y 2015. En total será casi un millón de euros lo que desde este GDR se gestionará para la comarca de Valdeorras.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 11 de outubro de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros, e se convocan para o ano 2012.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121025/AnuncioG0165-171012-0003_gl.html
CONGRESO 2012
Desarrollo Rural y LEADER
HORIZONTE 2014-2020

ASEMBLEA XERAL E XUNTA DIRECTIVA
O vindeiro 21 de agosto de 2012 realizarase a reunión da asemblea xeral as 19horas para aprobar as contas  do ano 2011, presentar a memoria de actividades e ver o estado de pago de cotas e baixa de varios asociados. Tamen se realizará unha reunión da xunta directiva as 18horas para a aprobación de varios proxectos e informar dos novos expedientes que se presetaron nas últimas datas

una bodega apoyada desde el GDR Valdeorras ha sido premiada

La bodega de Jose Luis Aristegui, cuyo proyecto fue apoyado desde el primer momento por el GDR Valdeorras ha obtenido un renocimiento internacional a sus vinos. Desde el GDR sólo podemos felicitar a este emprendedor por su éxito

Enhorabuena winemaker

http://www.vinogallego.com/201206198068/reconocimiento-internacional-para-la-nueva-bodega-jose-aristegui.html

XUNTA DIRECTIVA 16-MAIO-2012

O pasado 16 de Maio de 2012 tivo lugar unha reunión da Xunta Directiva na que se acordaron os seguintes puntos:
-Aprobación e reparto de fondos do proxecto "Instalación de planta de machaqueo para creación de áridos para abono de agricultura (dolomía 0-1mm) e construcción" do promotor "Calizas Rubiá S.L." no concello de Rubiá.
-Aprobación e reparto de fondos do proxecto "Creación de adega para elaboración e embotellado de viños en Seadur" do promotor "Juan Tomas Dieguez Álvarez" no concello de Larouco
-Aprobación e reparto de fondos do proxecto "Equipamento e acondicionamento de telecentros" do promotor "Concello de Larouco" 
-Aprobación e reparto de fondos do proxecto "Modernización tecnolóxica de empresa prestadora de servizos agrícolas e forestais" do promotor "Felix Macías Dieguez" no concello de A Veiga
-Aceptación de desistencia do proxecto "Rehabilitación e recuperación de adega tradicional e exposición de produtos típicos da comarca de Valdeorras e local multiuso para o concello de Larouco" do promotor Bodega Pradairo S.C"
-Ademais informouse da presentación de novos proxectos:
1.- Construcción de adega para enoturismo en A Poula (Portela), do promotor "Bodegas Valdesil S.L." no concello de Vilamartín
2.- Ampliación adega D.O. Valdeorras, do promotor "Jose Luis Aristegui Anido" no concello de A Rúa
3.- Adecuación de local para restaurante de produtos locais, do promotor "Marcos González Fernández" no concello de O Barco de Valdeorras
4.- Adecuación de locais para telecentros no municipio de Vilamartín de Valdeorras, do promotor "Concello de Vilamartín de Valdeorras"
5.- Diversificación de explotación ovino-caprina cara actividades non gandeiras, da promotora "Elisa Camino Leiro" no concello de O Bolo
6.- Equipamento de local para bodega de enoturismo en Córgomo, do promotor "Guitián y Blanco S.C."no concello de Vilamartín de Valdeorras
7.- Rehabilitación de edificación tradicional (antigua casa-escola) para telecentro, do promotor "Concello de O Bolo"



XUNTA DIRECTIVA DO GDR VALDEORRAS

O pasado día 22 celebrouse na sede do GDR en O Barco unha Xunta Directiva con obxectivo de aprobar varios puntos da orde do día.
O primeiro aspecto que recibiu a aprobación por parte da Xunta Directiva foron as contas do ano 2011 e o presuposto para o ano 2012. Do mesmo xeito se procedeu a aprobar un escrito no que se solicita a AGADER que todos os fondos non dispostos ata o de agora por falta de tempo de desenrolo do proxecto, podan ser empleados nas vindeiras anualidades, xa que son moitos os proxectos que foron enviados a Santiago e dos que todavía non se tivo resposta. Os últimos puntos da orde do día corresponderon a aprobación inicial de varios proxectos para o seu envio a AGADER e a consecuente supervisión definitiva por parte deste organismo.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

O venres 20 de Xaneiro de 2012 sairon publicadas as bases reguladoras do Programa para a Promoción do Emprego Autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (convocatoria 2012).
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
As contías desta subvención serán as seguintes:

A) 5.000 euros para desempregados en xeral.
B) 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C) 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D) 7.500 euros para persoas emigrantes retornadas, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E) 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F) 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
O prazo de presentación de solicitudes de subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.
PARA MAIS INFORMACIÓN PREME AQUI

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E BUSCA DE EMPREGO

   O día 11 de Xaneiro de 2012 sairon publicadas no DOG as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos, en concreto:
a) As universidades públicas.
b) As deputacións provinciais.
c) Os concellos que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2011 superior a 500 persoas.
d) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos.
e) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das organizacións empresariais e sindicais de Galicia especializadas na realización de accións de información e orientación laboral. Neste caso só se considerarán as solicitudes de maior ámbito territorial, é dicir, denegaranse aquelas solicitudes das entidades mencionadas cando existan solicitudes susceptibles de resolución favorable presentadas por asociacións ou confederacións dun ámbito territorial máis amplo ás cales pertenzan ou estean asociadas.
f) As entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, que realicen accións de información e orientación profesional de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que acrediten a súa condición de centros especiais de orientación ou a existencia dun colectivo cuantificable de difícil inserción laboral.
As contías previstas na presente orde terán por obxecto subvencionar as retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos do persoal contratado, de acordo coas retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 30.688,29 euros por ano.
MAIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS AXUDAS

BASES REGULADORAS PARA ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A DESEMPREGADOS

O día 10 de Xaneiro de 2012 sairon publicadas no DOG as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente as persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2012,  xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais e da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
As entidades que desexen participar nesta convocatoria preferentemente empregarán a aplicación de solicitudes dispoñible no enderezo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes. Mediante esta aplicación poderán cubrir a información relativa á solicitude das axudas (anexos I, II, III, V e VI) e presentalas telematicamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia.  Así mesmo, tamén poderán presentarse electronicamente a través da sede electrónica da xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es.
MAIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA AXUDA

PROXECTO ECO-ELABORA: FORMACIÓN ONLINE GRATUITA SOBRE INDUSTRIA AGROALIMENTARIA ECOLÓXICA

A través do Proxecto "Eco-elabora: formación para a industria agroalimentaria ecolóxica" que executa a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) ofrécense 6 cursos de formación online gratuítos sobre industria agroalimentaria ecolóxica:
1. Produción de sementes e viverismo en agricultura ecolóxica (do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro2012). Aberto o prazo de inscrición.
2. Industria de elaboración de alimentos (do 28 de febreiro ao 4 de abril 2012).
3. Elaboración ecolóxica de queixos e outros derivados lácteos (do 28 de marzo ao 2 de maio2012)
4. Calidade, elaboración e comercialización de viños ecolóxicos (do 25 de abril ao 30 de maio 2012)
5. Postcolleita: manipulación e envasado de produtos hortofrutícolas ecolóxicos frescos (do 23 de maio ao 4 de xullo 2012).
6. Calidade, elaboración e comercialización de aceites ecolóxicos (do 13 de xuño ao 18 de xullo 2012)
Os cursos van destinados a:
- Propietarios, traballadores e elaboradores de industrias agroalimentarias ecolóxicas.
- Propietarios, traballadores e elaboradores de agroindustrias convencionais.
- Produtores ecolóxicos.
- Técnico/as, asesores agrícolas, profesionais da educación e animadores de desenvolvemento rural (a condición de que non sexan do sector público).
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS

AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

A Consellería do Medio Rural ten publicado no DOG a Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas con Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2012.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2012 en réxime de concorrencia competitiva.
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA AXUDA

CELEBRACIÓN XUNTA DIRECTIVA VINDEIRO DIA 7

O vindeiro día 7 de Xullo celebrarase unha reunión da Xunta Directiva para aprobar os proxectos remitidos con ICE (informe de control de elexibilidade) FAVORABLE por parte de Agader, despois do cal se abrirá un turno de rogos e preguntas co obxectivo de satisfacer as necesidades de información por parte dos membros da xunta directiva.

XUNTA DIRECTIVA

O pasado día 15 de xuño se celebrou a Xunta Directiva do GDR 12 Valdeorras co obxetivo de aprobar proxectos que xa estaban examinados polo equipo técnico así como tamén se informou os membros da Xunta Directiva sobre o desenrolo do proxecto e as modificacións que desde o punto de vista do desglose do presuposto para os vindeiros anos se realizou co consentimento de AGADER. O primeiro dos proxectos que se pora en marcha, xa coa aceptación de AGADER, será un Centro de Formación e Información no núcleo de O Trigal, no concello de Carballeda de Valdeorras. É previsible que nas próximas datas tamén chegue a confirmación desde Santiago para escomenzar as obras dos telecentros solicitados polo concello de O Barco e do Centro de Formacón para a aldea de Prada solicitada desde o concello de A Veiga. Por parte da iniciativa privada son varias as iniciativas que están en desarrollo, destacando como máis destacadas a posta en marcha dun viveiro de planta para horta no concello de A Rúa e unha fabrica de xeo seco e material para o seu uso solicitado por unha empresa de limpeza situada en Vilamartin, 

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

 

O luns 13 de xuño de 2011 ten saído publicado no DOG (nº 112) a Resolución do 23 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2011-2012.
As subvencións centraranse nas seguintes medidas:

3.1.3. Fomento de actividades turísticas.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.

3.2.1. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos.

3.2.3. Conservación e mellora do patrimonio rural.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 45 DÍAS NATURAIS A CONTAR DENDE O DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN NO DOG (13/06/2011)

Máis información:  http://agader.xunta.es

Vindeira Xunta Directiva

O vindeiro día 15 as 19:00 horas está convocada unha nova reunión da Xunta Directiva do GDR Valdeorras co obxecto de tratar diversos temas. Todos as persoas e entidades pertencentes a esta Xunta directiva foron convocados co obxeto de debatir as propostas que nela se van debatir. A aprobación de proxectos e o seu correspondente cadro orzamentario,  modificación do cador oramentario do Programa Leader, así como a posibilidade de contratar un becario para a tempada de verano son algunas das cuestións máis importantes que serán tratadas

ACTA DA XUNTA DIRECTIVA

Asamblea xeral e Xunta directiva

O pasado día 17 o GDR Valdeorras celebrou unha Xunta Directiva e con posterioridade unha Asamblea Xeral co obxectivo de dar a coñecer a situación de deserolo do Progama Leader Galicia 2007-2013. Neste momento son xa varios os proxectos que se atopan en fase de estudo dentro das diversas medidas que contempla o programa, ó mesmo tempo que o ritmo de recepción de novos emprendedores coas súas iniciativas resulta altamente salientable, sendo máis que posible que non máis a la de metade de ano, todo presuposto do 2011 se atope xa comprometido.

Reunión dos GDRs de Ourense co Presidente da nosa Asociación

O pasado 11 de febreiro celebrouse no sede do Programa Leader ADERCOU, no concello de Barbadás, unha xuntanza entre o Presidente da Asociación dos GDRs de Galicia, D. Antonio Santiso Miramontes, e os técnicos e directivos de todos os GDRs da provincia de Ourense.
O motivo de tal acto non foi outro mais que intentar clarificar diversos aspectos do traballo desenvolvido polos GDRs tanto desde o punto de vista da xestión dos programas como desde o punto de vista dos fondos económicos.
O acto tamén foi aproveitado para presentar os Programas de Cooperación que se porán en marcha de forma inminente e nos que os GDRs poderán a presentar proxectos de traballo conxunto con outros grupos do Estado.

Asamblea da Asociación de GDRs de Galicia

O pasado día 26 de enero se celebrou en Lalín unha asamblea da Asociación de GDRs de Galicia con obxectivo de tratar os proxectos de cooperación. Cada grupo propuso as súas ideas para esta nova modalidade de traballo que presenta o programa Leader.
Desde o GDR de Valdeorras se presentou a idea de desenrolar unha plataforma que adicada os productores artesanais e as pequenas empresas para desarrollar mecanismos comerciais que lle permitan dirixirse os seus novos obxectivos productivos cara a exportación.


A acollida o noso proxecto foi máis que satisfactoria, xa que foron 11 grupos doutros territorios leader de Galicia os que mostraron moito interese pola proposta. A deste momento o noso equipo técnico está a elaborar un documento moito máis detallado que contara co apoio e a supervisión dos demais grupos interesados en parrticipar, unha vez deixada atrás esta fase o proxecto será remitido a AGADER para a súa aprobación definitiva.

Apertura plazo seleccion proxectos

As Ermitas. Concello de O Bolo
Con la contratación definitiva del cuadro técnico del Programa Leader Galicia 2007-2013 se ha procedido ya a la tramitación de los primeros proyectos presentados. A partir de este modo se pondrán en marcha una serie de actividades complementarias para dar a conocer las distintas medidas en las que el proyecto centra su desarrollo. Se buscara que toda la comarca de Valdeorrás reciba una información detallada para que los posibles interesados en promover iniciativas tengan la información suficiente. Otra posibilidad de conseguir información es a través de nuestra oficina técnica en la que tanto el gerente como el personal técnico le podrán ofrecer un atención personalizada y más detallada para el tipo concreto de proyecto que quiera presentar.

PROXIMAS CHARLAS EXPLICATIVAS

O equipo técnico do Programa Leader está traballando cos nove concellos que vertebran o territorio de actuación para desenrolar xornadas informativas que expliquen o programa en todos os núcleos onde se considere necesario. Neste momento os trípticos divulgativos están case que rematados polo que unha vez saidos da imprenta se procederá o seu reparto polos lugares máis axeitados do territorio para que servan a poboación como unha primieira aproxomación a realidade do proxecto. Logo despois, os máis interesados n poderán achegarse a recibir unha información máis detallada á charla que se dará no seu concello ou no seu pobo.

CONSTITUCIÓN DA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA

O pasado 4 de abril de 2008, tense constituido en Pontevedra a Asociación de Desenvolvemento Rural de Galicia e o 23 de maio foi presentada públicamente no Museo Pedagóxico de Galicia.
Esta iniciativa foi promovida pola Asociación Euroeume, o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas, a Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor, a Fundación Comarcal A Ulloa, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra.


Os obxectivos desta Asociación son:
  • Favorecer o desenvolvemento rural dos territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural, facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e axentes do rural, fomentando a introdución das novas tecnoloxías e promovendo a integración en redes.
  • Potenciación do sector agrario e dos produtos do mar, así como a promoción e mellora das condicións de comercialización e calidade dos produtos agrarios ou agroalimentarios galegos.
  • Potenciación do turismo ligado ao medio rural.
  • Potenciación e apoio ás pequenas empresas, artesanía e servizos locais, fomentando especialmente a participación de xóvenes e mulleres en todos os ámbitos: político, social, laboral, cultural e económico.
  • Concienciar á poboación sobre a necesidade de protexer, conservar e poñer en valor de xeito sostible o medio ambiente e tomar parte activa nelo, mediante actividades orixinais e innovadoras. Especialmente comprometerse coa defensa da natureza e a investigación e educación ambiental, participando activamente na posta en marcha e seguimento das Axendas 21 Locais.
  • Difundir a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento territorial, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.